viernes, 19 de junio de 2009

CALENDARIO E RESULTADOS 2009

SIGA LENDO

viernes, 15 de mayo de 2009

TROFEOS DO 1º MARATÓN FÚTBOL 6 DA S.D. NEGREIRA

SE QUERES VELA IMAXE A MAIOR TAMAÑO SO TES QUE PINCHAR NELA

SIGA LENDO

miércoles, 29 de abril de 2009

1º MARATÓN DA S.D.NEGREIRA DE FÚTBOL 6

Por segundo ano organizase en Negreira o prestixioso trofeo de fútbol 6 da nosa vila , desta volta será organizada pola Sociedade Deportiva Negreira .
Logo do éxito sin precedente da primeira edición , abrese o prazo para anotarse e participar na edición deste ano 2009 ,que ten como reto melloralos resultados , tanto de participación , como do nivel desenrrolado polos equipos que participaron na edición precedente .
Celebrarase os vindeiros dias 20 e 21 de Xuño , no campo municipal de Cepelo (herba sintética de última xeración) . A coantía dos premios será de 1.200 € para o primeiro clasificado , 500 € ó segundo , 200 € para o terceiro e finalmente un premio de 100€ ó cuarto clasificado.
A inscrición será de 100 € , por equipo participante , a ingresar no nº de conta do Banco de Galicia 0097-8992-89-0500066976. A data límite para anotarse será o 28 de Maio . Para máis información ou calquera dúbida podedes chamar ós teléfonos 606921702(Gonzalo) ou no 625226450 (Carlos).
O regulamento o podes consultar nesta mesma páxina .
Dende a organización do maratón so nos queda desexarlle sorte a tódolos participantes .

SIGA LENDO

REGULAMENTO

REGULAMENTO FÚTBOL 6
1.- SISTEMA DE XOGO
1º - O sistema de xogo será:
a) Liguilla de grupos na fase inicial (grupos de catro, dependendo o número de inscritos)
b) Á segunda fase pasan os dous mellores de cada grupo, que serán 1/8 de final. Xogarase enfrentamento directo a un partido , o primeiro de un grupo contra o segundo de outro grupo .
2º- Cada partido constará de dous tempos de 15 minutos cada un, con un descanso entre os dous tempos de 3 min. Nas semifinais e finais o tempo será de dous tempos de 25 minutos, con descanso de 5 min.
3º- Os partidos empezarán puntualmente, os equipos que non se presenten á hora do partido terán unha marxe de 3 minutos de cortesía sobre o horario establecido (estando os equipos cambiados e no terreo de xogo), de non ser así daráselle o partido por perdido (3-0). No caso de que faltasen os dous equipos ningún deles puntuará. Se un equipo non se presenta a dous partidos será descalificado e sumaránselle os tres puntos a tódolos ós equipos contra os que lle toca xogar.
4º- Na liguilla previa en caso de empate a puntos a orde de clasificación decidirase seguindo a seguinte lista:
1º. Resultado do enfrontamento directo (entre os equipos implicados).
2º. Golaverage total (goles a favor menos goles en contra, en todos os partidos da liguilla).
3º. Maior número de goles marcados.
4º. Sorteo mediante moeda ó aire.
5ª- Nas eliminatorias directas (semifinais e finais) en caso de empate iríase directamente ós penaltis, lanzando 3 penaltis iniciais cada equipo, e se aínda persiste o empate lanzaríase un máis cada equipo ata que un marque e o outro falle. Ningún xogador poderá repetir lanzamento ata que tódolos seus compañeiros, incluído o porteiro, tirara unha vez, ou que no equipo contrario xa tiraran todos.
2.- EQUIPOS E XOGADORES
1º- Cada equipo poderá contar cun máximo de 12 xogadores que deberán presentar no primeiro partido (SEGUNDO A FICHA DE INSCRICIÓN).
2º- Os equipos constan de 5 xogadores de campo e 1 porteiro, debidamente equipados, non coincidindo o color da camiseta do porteiro ca dos xogadores.
3º- Os xogadores deberán ir provistos do D.N.I., ou documento acreditativo oficial, para presentar si fora necesario.
En caso de que un equipo realice unha reclamación, e algún xogador non este inscrito, e non poida acreditarse co D.N.I., darase por perdido ese partido por 3-0.
4º - Os equipos farán o quecemento fora dos terreos de xogo. A organización non facilitará balóns para facer o quecemento.
5º- Non se poderá xogar con botas de aluminio. Si se incumpre esta regra podería ocasionar a perda do partido.
6º - Non se poderá inscribir a máis xogadores nos equipos unha vez comenzado o campeonato, nin cambiar de equipo a xogadores inscritos.
7º- Nos terreos de xogo, só se lle permitirá o acceso os equipos que teñan partido nese momento.
8º- As sancións son da seguinte maneira:
a) – Dúas tarxetas amarelas no mesmo partido, significa a expulsión do xogador e 1 partido de sanción (pode entrar outro xogador)
b) – Unha tarxeta vermella, significa a expulsión do xogador e 2 partidos de sanción, se houbese insultos ou agresión a organización pode aumentar a sanción de 3 a 5 partidos (pode entrar outro xogador)
TODAS AS SANCIÓNS SON ACUMULATIVAS PARA AS SEGUINTES RONDAS.
9º - O número máximo de equipos inscritos na competición é de 32.
10º - Cada equipo debe ir correctamente vestido, cun color especificado na inscrición.
3.- HORARIOS E LUGARES
1º - O maratón comenzará o sábado 20 de xuño ás 8:30 horas, e rematará ás 21:45 h., continuando o domingo 21 de xuño ás 8:30 ata ás 20:30 horas.
2º - Farase un descanso para comer o sábado.
3º - A competición terá lugar no campo de Fútbol Municipal de Cepelo (herba sintética DESSO SOCCERGRAS TD 60)
4º - O Calendario e horario deberá ser respetado e asumido por todos os participantes, reservándose a organización o dereito a facer modificacións puntuais do mesmo, previo aviso os participantes e sen que supoña perxuizo para ningún deles.
4.- OUTRAS CONSIDERACIONS
1º - En todo o que non contradiga o expresamente sinalado neste regulamento, rixen as normas aprobadas pola federación española de fútbol (regulamento de fútbol 7)
2º - A organización non se fai responsable de calquera roubo ou perda do material deportivo dos equipos (recomendamos que os xogadores leven as súas mochilas ou bolsos custodiados en todo momento)
3º - A organización non se fai responsable de calquera lesion producida durante o desenrolo do torneo, polo que calquera incidencia será cuberta polo seguro individual de cada participante.
4º -A participación no torneo implica a aceptación de todas as normas.
5º - Premios e trofeos:
1º clasificado: 1.200 € + trofeo
2º clasificado: 500 € + trofeo
3º clasificado: 200 € + trofeo
4º clasificado: 100 € + trofeo
Trofeo máximo goleador
Trofeo porteiro menos batido
Trofeo ó equipo participante máis lonxano
NOTA: Si algún dos equipos non quere disputar o 3º e 4º posto, non terá opción o premio en metálico nin o trofeo.

TELÉFONOS ORGANIZACIÓN: 606921702 (GONZALO) OU 625226450 (CARLOS)

SIGA LENDO

martes, 3 de junio de 2008

IMAXENES DA EDICIÓN DO 2008

EQUIPOS PARTICIPANTES

EQUIPOS 1ª EDICIÓN

OUTRAS IMAXES
EDICIÓN 2008

TROFEOS
TROFEOS 1ª EDICIÓN

SIGA LENDO

CADRO DE HONOR 2008

1º MARATÓN FÚTBOL 6
VILA DE NEGREIRA 08
CADRO DE HONRA
MÁXIMO GOLEADOR:
ESTEBAN CAPELO GRILLE (PARDIÑERIO/BAR DE MOU) 10 GOLES
PORTEIRO MENOS BATIDO:
JUAN PAZOS HERRERA (PARDIÑEIRO/BAR DE MOU)
MELLOR XOGADOR:
ESTEBAN CAPELO GRILLE (PARDIÑERIO/BAR DE MOU)
CLASIFICACIÓN FINAL
4º CLASIFICADO
: RAMOS-DUENDE
3º CLASIFICADO: SANTA-SABIÑA
2º CLASIFICADO: NORCRÉDITO
1º CLASIFICADO: PARDIÑEIRO/BAR DE MOU

SIGA LENDO

miércoles, 19 de marzo de 2008

1ª EDICIÓN MARATON FUTBOL 6 VILA DE NEGREIRA 2008

A Asociación a Mámoa de Negreira organiza, por primeira vez, o maratón de fútbol 6 os vindeiros 31 de maio e 01 de xuño, no campo municipal de Cepelo (herba sintética). Xa está aberto o prazo de inscripción, que se poderá facer a través dos teléfonos: 650 358 044 – 676 454 879 ou ben por correo electrónico na dirección:negreirafutbol6@yahoo.es
Poderanse anotar equipos ata o xóves 29 de maio ás 21:00 h.O sorteo dos grupos farase ese mesmo día ,na Casa da Cultura de Negreira (r/ Carreira de San Mauro S/N) ás 21:30 h.
A cota de inscrición será de 100 euros e terá que ser pagada con anterioridade a realización do sorteo. O pago poderase facer a calquera dos menbros da organización ou ben através de transferencia bancaria ao número de conta: 2091-0305-77-3000205401 de Caixa Galicia de Negreira, na cal deberán especificar o nome do equipo, localidade e un número de teléfono de contacto.
Repartiranse 2.000 euros en premios, dos cales 1.200 serán para o primeiro, 500 para o segundo, 200 para o terceiro, e 100 para o cuarto, sempre e cando se conte cun mínimo de 32 equipos*, ademáis de trofeos para os catro primeiros, máximo goleador, porteiro menos batido e equipo máis lonxano.

* En caso de non reunir este equipos a cuantía dos premios podería variar

SIGA LENDO